PERFIL

Desde que teño recordo quixen ser fotógrafa, escritora, pintora, directora de cine, xornalista... e aínda que poidan parecer demasiadas eleccións, en realidade era só unha: sempre quixen ser contadora de historias, fora cal fora a ferramenta ou modo de expresión.

Buscando cumprir o meu soño estudei xornalismo, ao tempo que me formei noutra das miñas paixóns: a historia da arte. En ámbalas dúas descubrín o poder narrativo da imaxe, e adestrei a habilidade de prestar atención aos detalles e de atopar a maneira de facelos visibles aos demais.

Iniciei a miña carreira profesional nun departamento de comunicación. Despois de 3 anos, reconducín o meu camiño laboral e comecei a traballar como operadora de cámara e edición de vídeo.

Tanto os meus estudos como a miña experiencia, xa sexa no ámbito da comunicación corporativa, xa sexa na creación audiovisual, proporcionáronme a capacidade de visualizar e desenvolver proxectos dunha maneira global, desde a idea ata o produto final. Como imaxinadora, observo, interpreto e converto en imaxes.

CV Raquel Ramos Silva